Redacción
O director Emilio Estévez e o seu pai, o actor Martin Sheen, presentaron onte en Compostela a estrea en salas da película The way, un filme que chegará a 150 cines de todo o Estado español cunha historia que transcorre no Camiño de Santiago e que constitúe "a gran película do Xacobeo".
O produtor Julio Fernández, máximo responsable de Filmax, sinalou que The way estrearase de forma oficial en 150 cines españois o vindeiro 19 de novembro. Ademais, prevén levar o filme tamén aos cines de Estados Unidos e que teña presenza en "absolutamente todo o mundo" en consonancia co seu guión, que considerou "universal".
Tanto o produtor como o director, Emilio Estévez, amosáronse moi satisfeitos pola acollida que ten a película, sobre todo entre os mozos, nos test pasados en Norteamérica, aos que asistiron entre 300 e 400 persoas en cada cidade. En concreto, Estévez lembrou que tras os visionados, o 97 por cento dos asistentes recomendaba este filme e case o 90 por cento situábase a favor de facer o Camiño de Santiago. "Trátase de educar á cidadanía americana no que é o Camiño", explicou o director.
Pola súa banda, Martin Sheen afirmou que esta película cumpre "un soño de toda a súa vida" e mostrouse contento de "volver a casa" (en referencia a Galicia). Ao mesmo tempo, destacou o "emocionante" de volver tras un ano "ao momento de partida" e "ver o proxecto concluído" con "satisfacción".
Martin Sheen e Emilio Estévez mostraron o seu desexo, logo da experiencia de rodar en Galicia, de "volver" á nosa terra para realizar outros proxectos e facer completo o Camiño de Santiago. Rodada ao longo do Camiño de Santiago en setembro, outubro e novembro de 2009, The Way narra a historia de Tom Avery, un reputado oftalmólogo que vive en California e que, tras recibir unha chamada que lle comunica o falecemento do seu fillo Daniel nos Pireneos, decide concluír o Camiño de Santiago que o seu fillo iniciara a pesar da mala relación que os unía.
A película, na que participan a actriz canadense Deborah Kara Unger, e os actores Yorick Van Wageningen e James Nesbitt, inclúe imaxes filmadas no interior da Catedral de Santiago e noutros puntos do Camiño Francés, como Pamplona, Burgos ou León.

0 comentários :
Danos a túa opinión