Fuco Paz Souto
Onte, mentres estaba a traballar, apareceu Pedro Chosco. Silandeiro, oportuno, cariñoso, afable, agasallando delicias que, a modo de sereas, convidan a te deitaren nese leito mol, amplo e necesario...Mais, acudiu na miña axuda, Ulises! "o navegante" que me siou na orella: agarda! tente teso no mastro da nao! E como alma que leva o demo, do meu corpo saíu unha especie de xana que voando entre o velame dese navío albiscou unha fraga que, vestida de outono, me agasallou con estas palabras...
Agardando por Pedro Chosco
Mentres o peto aniña
entre a cortiza do carballo,
a neve ganduxa aloumiños brancos
que visten as follas máis verdes
de todas e cada unha das frías árbores...
E eu, afortunado, contemplo apampado como
neve, fraga, peto... e carballo
susurran baixiño...
Fuquiño, este é o noso agasallo.
Said
Hai "Fuquiño" canto vales! Todos sabiamos das múltiples facetas túas, que se comentarista deportivo -proBarça- tenista, exfutbolista, paseante coruñés, articulista, novelista e agora tamén poeta. Parabéns e a continuar que quen fai un pode facer moitos
Antón
Said
Graciñas Antón!