Fermín Bouza.-
Que unha operación clásica dos servizos secretos, que usan documentos reais de informes de embaixadores (sempre despreciables para os servizos secretos, que coñecen o seu escaso valor informativo), sobre todo, informes onde os seus autores, que tratan de xustificar o seu soldo inventando cousas e outorgándose méritos, non dubidan en inventar a realidade e xustificar así a súa nómina, que unha operación así, cuxo fin descoñecemos, acade éxito entre o público, e aínda máis entre os xornalistas, mesmo entre os xornalistas críticos, é un pésimo sinal do estado actual das cousas: calquera conto chinés coa, e o mundo está xa preparado para a grande mentira que pode xustificalo todo, desde o uso inmediato de armas nucleares até o derrubamento global da economía para salvar algunha economía concreta. Todo vale.
A ignorancia actual (queda lonxe xa a guerra fría) dos xornalistas sobre este submundo da intelixencia civil e militar explica tanto dislate sobre o asunto este, unha operación de manual da que aínda non sabemos, en realidade, nada: que queren os que filtraron ese lixo de embaixadores ansiosos? Tenten respostar a iso
0 comentários :
Danos a túa opinión