Homenaxe a Castelao no seu 60º cabodano

Redacción

O vindeiro venres 7 de Xaneiro a asociación cultural Aturuxo, de Boiro, celebrará un acto para lembrar o LXI Cabodano de Castelao co seguinte programa:

19h. Desprazamento ate o busto de Castelao en Rianxo, realizarase unha ofrenda floral e darase leitura a un manifesto.

21.30h Xa en Boiro (Aturuxo Local Social) celebrarase unha cea, á que se pode calquera anotar no correo: localsocialbarbanza@gmail ou na barra de Aturuxo, o prezo da cea é de 10€ para non soci@s e 6€ para soci@s.

Ao rematar a cea contarase coa actuación de MINI E MERO (fundadores de Fuxan os Ventos e compoñentes actuais d´A Quenlla), e depois haberá un recital poetico.

Rematará a noite co concerto doutro grupo por confirmar

5 de xan. de 2011

0 comentários :

Danos a túa opinión