Os Reis Magos
(Dedicado, dende o meu corazón, a todos os nenos e nenas)
Cruzaron todo Oriente,
embazados de area
na procura dun meniño
e guiados por unha estrela
Ata Belén chegaron
acompañados dos seus regalos:
ouro, incenso e mirra,
presentes para un Neno amado
O Neno movía os olliños
como un sinal de fala
os Reis, que eran magos,
leron, nos olliños, palabras
que dicían cousas bonitas,
ben bonitas e claras,
para todos os nenos do mundo
levade agasallos, non cousas malas
Os Reis, que tiñan nomes,
Baltasar, Melchor e Gaspar
marcharon de onda o neno
como magos, a viaxar
A historia que ledes,
hai anos que aconteceu
e mirade se é certa,
que é xaneiro e non morreu.
0 comentários :
Danos a túa opinión