María Xosé Lamas.-
Que fermosas as reconciliacións cando son de veras!
Cheguei á Casa da Cultura ás oito e cuarto e atopei co amigo Moncho Paz acompañado por Ramón Chao que sentado ao ordenador tentaba escribir uns correos, mais sen éxito; era interrompido constantemente por vilalbeses asistentes á conferencia que querían saudalo e dárselle a coñecer. Un auténtico “bicamáns” improvisado. Ao remate, entregueille os meus tres libros –previamente prometidos- con dedicatoria autógrafa e, moi xentilmente, ofreceume pasar diante escada arriba. Chegada ao salón de actos, saudei antes de sentarme á xente máis próxima, entre eles a dona Remedios Chao, irmá do conferenciante e a quen me une un fondo afecto.
Non sei se o resto dos asistentes tiña, coma min, as suficientes pezas do crebacabezas para entender as súas referencias a anécdotas e persoeiros cos que se relacionou ao longo da súa vida, pola que transitou, segundo as súas propias palabras, sempre agarimado “pola sorte”.
Non sei se os vilalbeses que convocou a súa presenza leran, coma min, a súa obra. Era necesario para acoller o seu discurso e darlle o importante significado que tiñan as súas referencias a ela.
Recoñecer Reigada ou Irimia como Vilalba é máis complicado que decatarse de que a Vetusta da Rexenta de Clarín se corresponde con Oviedo. Ou non? Os seus lectores sabemos que nas súas obras está presente toda a Terra Cha en xeral, e Vilalba en particular, baixo diferentes denominacións. Pero o pobo, a súa tribo –en palabras de Manuel María- está presente, sempre presente. “Nunca me fun de Vilalba” eran algunhas das súas palabras de inicio. E non, certamente, porque Vilalba lévaa dentro, tatuada no corazón e moito máis fortemente e mellor debuxada que calquera de cantas tatuaxes que sobre as súas obras adobían a súa pel.
Era xusto e necesario que Vilalba se reconciliara de unha vez por todas con Ramón Chao Rego, e viceversa. Tan xusto e necesario coma no seu momento o foi con Pepe Chao, ao celebrar a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) o “Día do escritor na súa terra” neste pobo que o tiña esquecido ou, cando menos, lixeiramente afastado da páxina dos seus persoeiros honrados, prezados e recoñecidos.
Un dos nosos históricos universais estivo onte a compartir con nós uns intres inesquecíbeis.
Grazas, Ramón Chao, pola túa xenerosidade!

0 comentários :
Danos a túa opinión