Bruno Marcos.-
É posible que Zapatero non estivese preparado no seu momento para asumir unha responsabilidade tan grande como a de ser presidente dun país como España e é posible que cometese moitos erros pero soubo, nos últimos tempos, amosar, non só a falta de patriotismo de boa parte da oposición política, senón tamén dunha prensa chea de lama, porca e podre na que, coa lanterna de Diógenes, atopariamos moi poucos homes.
O que tivemos que ouvir foi moi deprimente: Moitos quixeron mesmo facer boa a guerra de Iraq á conta da de Libia, un xornalista retinguido atreveuse a outra noite a comparar a sucesión na persoa de Rubalcaba coa de Gadafi polo seu fillo, e así tolemias sen conto...
É evidente que aos do PP úrxelles convocar eleccións agora que saben que as gañarían, e non dentro dun ano, cando probablemente a economía, xa llo sopraron, vai repuntar. Se a emerxencia nacional é tan seria por que non expoñen unha moción de censura?
Zapatero ofreceuse como chibo expiatorio, un último xesto de valentía que non se lle vai perdoar nun país de caníbais no que aos que son erguidos pola masa convérteselles aos poucos no pallaso das labazadas, no monicreque da feira sobre o que descargar a propia frustración e a ansiedade.
Semella que o recurso dunha pantasmagórica psicoloxía social nacional anda a pasar por combater a frustración individual e a amargura derrubando a todo aquel que acada notoriedade.

0 comentários :
Danos a túa opinión