Debate político en Vilalba

Redacción.-

Na tarde de hoxe tivo lugar no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba o debate electoral entre os tres candidatos que concorrerán aos comicios municipais do vindeiro 22 de maio: Tereixa Burgo García (BNG), Eduado Vidal Baamonde (PsdeG-PSOE) e Xerardo Criado Guizán (PP).

O debate, que deu comezo ás 20 horas, estivo moderado polo xornalista Moncho Paz. O acto foi organizado por A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” e contou cunha grande afluencia de público, pois no Salón de Actos do Centro Cultural déronse cita máis de trescentas persoas.


Fotos: Paulo Naseiro

A duración total do debate foi de 71 minutos, seguindo un formato de espazo televisivo, distribuido nos seguintes tempos: sete minutos iniciais para cada que cada candidato expuxera as súas liñas programáticas, seguindo unha orde de intervencións inversa aos resultados obtidos nas últimas eleccións municipais (é dicir: BNG, PSOE e PP). A continuación, os tres candidatos tiveron oportunidade de dar a coñecer as súas propostas nos seguintes 50 minutos, atendendo á exposición programática realizada previamente por cada un deles e centrándose en cinco grandes áreas temáticas: economía e emprego; urbanismo e medio ambiente; infraestruturas; educación e cultura; e medio rural.

14 de maio de 2011

0 comentários :

Danos a túa opinión