Redacción.-
O venres, día 27 de maio de 2011, ás 19,30 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, o CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, organiza o acto de entrega de premios do XV Certame Literario e de Debuxo Benjamín Paz, que convocou coa colaboración da Asociación de Minusválidos “Benjamín Paz” e o propio Centro Cultural Recreativo, e que ten como fin primordial e fundamental o de lembrar a figura de Benjamín Paz Cordal.
O acto entra dentro tamén das actividades que o noso Colexio programa co gallo das Letras Galegas tendentes a fomentar a creatividade artística e literaria, por un lado, e a potenciar o idioma galego cara a consecución da súa plena normalización, por outro.
Para comezar o programa o Grupo de Teatro da ANPA do Colexio, dirixido por Estrella Naseiro, porá en escea a obra “Historias do Parque “.
A continuación darase lectura á acta do Xurado e levarase a cabo a entrega de premios. Complétase o programa cun pequeno recital poético a cargo de alumnos e alumnas gañadores no Certame.
MODALIDADE | CATEGORÍA | TÍTULO | AUTOR/A | COLEXIO | PREMIO |
POESÍA | 1º CICLO | CANTA PAXARIÑO | JOSÉ EDUARDO LOSADA LÓPEZ | CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ”- VILALBA | 1º PREMIO |
POESÍA | 2º CICLO | SOÑOS | UXÍA GATO DÍAZ | CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ”- VILALBA | 1º PREMIO |
POESÍA | 3º CICLO | MATRIUSKA NA AULA | SARA LEAL REY | CEIP "MANUEL MATO VIZOSO"-VILALBA | 1º PREMIO |
A PRIMAVERA | ANDREA PARDO PERNAS | CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA | ACCÉSIT | ||
NARRATIVA | 1º CICLO | O COELLO E O FOTÓGRAFO | ANDRIÁN ROUCO INSUA | CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA | 1º PREMIO |
NARRATIVA | 2º CICLO | O PINCEL MÁXICO | MANUEL FRANCISCO LAMELA GÓMEZ | CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"VILALBA | 1º PREMIO |
A FOLLA PINTA E O CARBALLO GRANDÓN | EVA SANMARTÍN VÁZQUEZ | CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA | ACCÉSIT | ||
NARRATIVA | 3º CICLO | TRAS A TEMPESTADE VÉN A CALMA | SAMUEL MONTERO COEDO | CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"VILALBA | 1º PREMIO |
O SOÑO QUE SE COOU NA REALIDADE | SARA LEAL REY | CEIP "MANUEL MATO VIZOSO"-VILALBA | ACCÉSIT | ||
O SEGREDO DO RÍO | ALDARA VILLARINO VILLARINO | CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"VILALBA | ACCÉSIT | ||
DEBUXO | INFANTIL 3 ANOS | LUCÍA VÁZQUEZ LOZANO | ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL - VILALBA | 1º PREMIO | |
DEBUXO | INFANTIL 4 ANOS | ANTONIO MÉNDEZ HERNÁNDEZ | CEIP "MONSEIVANE"-MOREDA-LANZÓS | 1º PREMIO | |
DEBUXO | INFANTIL 5 ANOS | AITANA GESTO REGO | ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL - VILALBA | 1º PREMIO |
Así mesmo, nestes días o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galega, e que fai o número 62.
Os principais temas que aparecen na mesma son: un traballo sobre o escritor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, que inclúe pasatempos e cómic sobre a súa figura; unha entrevista a Alejandra Vázquez Noche, presidenta da Banda de Música; unha ampla reseña do XV Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole; os nosos murais; a páxina de APA; un traballo de investigación; o homenaxe a dous mestres do Cole que se xubilan: Tino Fernández, director e titor de 5º, e Inés Lagüela, titora de 6º; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción e que leva por título “Que lindo é ler!”, e un recordo especial para David Noche, alumno de 4º deste Centro que nos deixou para sempre no mes de marzo.
A revista repártese a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.
0 comentários :
Danos a túa opinión