Éxitos e sombras

Fermín Bouza.- 

Os éxitos no déficit e outros éxitos e bos axustes, así como unha previsible baixada do paro nas próximas entregas de datos, e tamén as enquisas que se lle van volvendo favorables ao partido de goberno unido á boa imaxe social de Rubalcaba, crearon unha enorme angustia nas ringleiras conservadoras que comezan a esixir a Rajoy que espabile, que a pesar da crise pode perder (que xa é fazaña), e que non se durma nos loureiros.

Que loureiros? Ben, se o entendemos así, os loureiros han de ter que ver coas eleccións locais. Teñan en conta, con todo, que estas son xerais e que as cousas ofrecen outro ángulo para ser pensadas, non xa a autonomía e o concello, terreos propicios para as rabietas electorais e as pequenas vinganzas dos votantes (que mal se fixo o da comunicación dos xubilados e funcionarios, que horror: case ninguén entendeu nada e ninguén lle lo explicou sinxela e claramente). Pero agora dirímese o Estado: a que teme a xente que empeza a retirarlle a confianza a estes conservadores sui generis do Reino de España? Por aí seguimos. E o nacional-catolicismo tamén. Ao fondo, a sombra dos Estados Unidos ameazándonos a todos coa súa débeda. Crucen os dedos ou falen coa Providencia. O momento esíxeo.

28 de xul. de 2011

0 comentários :

Danos a túa opinión