Fermín Bouza.-
O Nadal é unha boa escusa para pechar algúns dos circuítos cerebrais e concentrarse nas cousas máis familiares e privadas. Iso é bo e é malo: as saídas dos bombeiros a separar e disolver familias que rematan a paus son unha marca a noite de Noiteboa, e todo acaba como o rosario da aurora na noite de paz. O Nadal ten estas cousas.
Este ano estreamos goberno e o paro segue aumentando, o Ibex caendo irregularmente e a prima de risco obedece a quen a move para crearnos problemas tamén irregularmente. Hai algo profundamente agresivo en todo isto, coma se alguén decidise impor unha orde ao seu favor e castigar aos países periféricos. Castiga aos nosos bancos no noso traseiro, e imos pagar esas débedas bancarias a base de restricións sen conto. Todo o que se nos restrinxe a nós xera "confianza" cara á débeda bancaria. Nós pagamos.
Pero toda esa andrómena da dereita económica e política podería vir abaixo no momento menos pensado. Concentrémonos no Nadal, pois ninguén sabe que será de todo en 2012. Felicidades adiantadas.
0 comentários :
Danos a túa opinión