O guetto dos vellos

Iago Castro.-

Causa certa sorpresa que a estas alturas alguén poda pensar que a mellor maneira de velar polo benestar das persoas de idade sexa afastalos da sociedade que axudaron a construír.

Esa parece a idea que rexe o macroproxecto de “cidade xerontolóxica” que unha empresa seica está a proxectar en Guitiríz: un núcleo urbano exclusivo para maiores. Deixando a un lado o compoñente de mera especulación urbanística que –paradoxalmente a estas alturas da película- semella estar por riba de outras consideracións, é estraño que non saian voces, e hai moitas e autorizadas, sinalando o absurda e, diría máis, aberrante que resulta esta “guettización”.

Eu polo menos, cando vaia vello preferirei que non me arrinquen do meu entorno, considerado no máis amplo sentido do termo. Gostarei de ver aos pícaros xogando no parque e ollarei con ternura para as pernas dunha moza fermosa que pase por diante de min.

10 de feb. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión