Eugenio Granell e o cinema

Redacción.- Unha película de vinte minutos é a exposición que acollerá o Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, desde o 13 de xullo ata o 4 de novembro de 2012. Nela ofrécese unha visión global das diferentes facetas dun creador e intelectual completo como Eugenio Granell. Esta mostra presenta un artista multidisciplinar, que ademais da súa coñecida obra pictórica e poética, investiga e traballa coa imaxe, tanto en cine coma en fotografía. Ademais, tamén inclúe seis obras cinematográficas de Granell, obxectos persoais, gravacións domésticas, documentos gráficos e as diferentes referencias bibliográficas que dan conta do seu labor como crítico cinematográfico. A mostra forma parte do programa expositivo co que a Fundación Eugenio Granell celebra o centenario do nacemento do artista.

17 de ago. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión