Andando as terras... de Baleira


Redacción.-

O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenrolo da súa programación do ano 2012, organiza para o domingo, día 28 de outubro, a V Ruta Por Galicia adiante - Andando as Terras... de Baleira-Ruta da Marronda”, incluíndo na mesma unha visita ao nacemento do río Eo, en Fonteo-Baleira.

Tramo: San Paio–Cabreira– Cortevella
Lonxitude: 10,20 km.
Duración aproximada: 3 horas.
Dificultad: Fácil. Percorrido: Saída de San Paio descendendo aproximadamente 1.400 metros pola marxe esquerda do río Eo ata chegar á ponte de O Naseiro, onde se cruza o río para pasar á marxe dereita, tomando un camiño descendente na marxe dereita do Eo, que pasa perto do Monte da Reborda e vai cara ao Monte do Naseiro, ata chegar a Cabreira. Ao longo deste percorrido pódese disfrutar das Fervenzas da Acea de Serra en San Paio e do pozo da Ferreira no descenso hacia Cabreira. En Cabreira atravésase o río por unha ponte que leva hacia a Capela da Pastora. A 1,8 km. atópase o Rego do Monte Meán; a continuación pásase pola Granda do Marco, pasando ao lado de Montillón; despois de 1.800 metros, chégase ao Rego da Teixeda, e 2 km. máis adiante atópase a Área Recreativa de Cortevella. (http://www.concellobaleira.es)

A saída do autobús hacia Fonteo-Baleira, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 28 de outubro de 2012. O custo por participante fixouse en 25 € (inclúe comida e autobús). Os menores pagarán 5 €.

Unha vez rematada a Ruta, trasladarémonos ao Chao de Pousadoiro onde terá lugar a comida no Restaurante Casa Horacio, sobre ás 14,30 horas.

As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse, ata o 25 de outubro, nos teléfonos: 639-246459 // 651-361628, comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva ou enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, info@iescha.org.

23 de out. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión