Actividades na Casa das Insuas
Redacción.-
Actividades da vindeira fin de semana (10 - 11 de novembro) na Casa das Insuas.
Sábado 10 de Novembro: Xornada adicada aos morcegos, organizada por DROSERA: Unha ollada aos morcegos. O programa a seguir será o seguinte:
10:30 Presentación da xornada
10:35 Morcegos e soutos: os morcegos forestais nas montañas
de Ancares e O Courel.
Roberto J. Hermida. Doutor en bioloxía e investigador de Morcegos de
Galicia - Drosera.
Coa presentación do corto documental “Morcegos e soutos”.
Realizado por Pepo Nieto (naturalista e fotógrafo) e montado por Marino
García (Piensaenlasmanos Producciones).
11:30 Uso do hábitat por Myotis bechsteinii nos montes do
Morrazo: implicacións para a súa conservación.
Zeltia Gallego, bióloga. Morcegos de Galicia - Drosera.
12:15 Pausa - café.
12:45 Estrea do video documental "O morcego de ferradura
pequeno: un tesouro pendurado da natureza galega".
Coproducido por Drosera e a Fundación Barrié (Realizado por Aporta
Comunicación).
13:10 Interaccións entre morcegos e prantas en ambientes
tropicais.
Danny Rojas, biólogo, investigador predoutoral da Universidade de Vigo.
14:15 Xantar. Quen o desexe pode participar nun xantar colectivo que
celebraremos no exterior/interior da Casa das Insuas, dependendo do
tempo.
16:00 a 19:00 Tarefas de seguemento da rede de caixasrefuxio
das Ínsuas do Miño. Construcción, reparación, colocación e
revisión de caixas.
Unha ollada aos morcegos
Domingo 11 de Novembro: Taller de cestería impartido pola artesá Idoia Cuesta, que nunha xornada completa nos ensinará a construir un cesto para utilizar nas nosas saidas micolóxicas. A duración deste cursiño é dunhas 8 horas (10:00 -14:00 h. e 16:00 - 20:00 h.). Prazas limitadas (min.10 - max. 12 persoas). Custo da actividade (material incluído): 20 euros.
Máis información e/ou inscricións no tfn: 626420766 .
Próximas actividades na Casa das Insuas:
Taller de cestería para micoloxía a cargo de Idoia Cuesta
Domingo 18 novembro (20€ persoa, min.10 - max. 12 persoas)
Roteiro micolóxico (SM Lucus)
Sábado 1 de decembro.
Proxeccion "Las montañas del Norte" e mesa redonda con Emilio de la Calzada – Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica
Sábado 15 decembro. Entrada libre
Taller de elaboracion de comedeiros para aves con bimbio a cargo de Idoia Cuesta.
Domingo 13 xaneiro pola mañá. Gratuíto
Esperamos que sexan do voso interese.
Saudos
AGCT
www.custodiadoterritorio.org
http://www.casadasinsuas.org/
0 comentários :
Danos a túa opinión