Punto de Biodiversidad Virtual

Redacción.-

O pasado 1 de novembro realizamos a firma do convenio de colaboración entre a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Asociación Fotografía y Biodiversidad para o establecemento e promoción dun Punto de Biodiversidad Virtual na Casa das Insuas.

A Asociación sen ánimo de lucro Fotografía y Biodiversidad xestiona a plataforma de Biodiversidad Virtual (http://www.biodiversidadvirtual.org). Para promover o bo funcionamento do portal, conta cun equipo de coordinadores, dirixidos por Antonio Ordóñez e cos directores das galerías así como coordinadores rexionais.

Biodiversidad Virtual, desde hai un tempo vén desenvolvendo un ambicioso proxecto denominado Puntos BV sobre a diversidade biolóxica. Esencialmente consiste en pechar múltiples e simultáneos acordos de colaboración con Centros de Interpretación da Natureza, Centros de Estudos Ambientais, Aulas da Natureza e Centros de Visitantes de paraxes, Reservas naturais, Parques e mesmo Cámpings que teñan interese nun reconto da diversidade biolóxica na súa zona, de toda España e Portugal. Realízanse Listas de Especies en base ás imaxes en cada galería do PuntoBV a través dos testings realizados ou cidadáns que achegan as súas imaxes ao mesmo. Con esta información confeccionaremos os paneis informativos INFOBV.

Desde a Casa das Insuas, organizaremos diferentes actividades para a promoción deste Punto BV nas que poderás participar. Do mesmo modo, animámoste a subir as fotografías tomadas nas proximidades da Casa das Insuas para realizar un inventario da flora, fauna e xea da zona. Recorda que nos arredores da Casa das Insuas está localizado o río Miño, a Ínsuas de San Roque e a Lagoa do Rei.

Podes ter máis información sobre este tema na páxina web de Biodiversidad Virtual da Casa das Insuas:

http://www.biodiversidadvirtual.org/taxofoto/puntos-bv/1474

7 de nov. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión