'Comprendermos a crise' desde Lugo


Redacción.-

Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, e Manuel Mera, director da FESGA (Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza), xunto cos cordinadores do evento, presentaron o programa das Xornadas Internacionais de Economía que van ter lugar no refectorio do Museo Provincial de Lugo, os días23 e 24 de novembro.

Formulario de inscrición
Para participar nas xornadas é indispensábel solicitar a inscrición que é totalmente gratuía, enchendo os datos persoais neste formulario.
→Formulario de inscrición

Programa das Xornadas Internacionais de Economía
Venres 23 de novembro:
16:30 h.- Recepción de participantes
17:00 h.- Acto de apertura das Xornadas
• Manuel Mera, Director da FESGA
• António Veiga Outeiro, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo
17:30 h.- Adrián Sotelo Valencia – México. [Sociólogo; Doutor en Estudos Latinoamericanos pola FCPyS da Universidade Autónoma de México; Investigador no campo da socioloxía do traballo e da Teoría da Dependencia no Centro de Estudos Latinoamericanos da FCPyS da UNAM]:
A xénese da crise. Unha visión desde a Teoría da Dependencia.
18:15 h.- Debate
18:45 h.- María do Carme García Negro – Galiza. [Economista; Doutora en Ciencias Económicas; Profesora Titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela; Investigadora no campo da Economía Pesqueira]:
A presente crise: unha interpretación sistémica.
19:30 h.- Debate
20:00 h.- Peche da sesión.
Sábado 24 de novembro – Sesión de mañá:
09:30 h.- Recepción de participantes
10:00 h.- Bernardo Valdês Paços – Galiza. [Economista; Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela; Profesor da Área de Economía e Política Agraria da Universidade de Santiago de Compostela; Investigador no campo da Economía e Política Agraria]:
Sistema agroalimentar, mundializaçom e crise: o caso galego.
10:45 h.- Debate
11:15 h.- Miren Etxezarreta Zubizarreta – Cataluña. [Economista; Doutora en Economía pola London School of Economics e pola Universitat Autònoma de Barcelona; Catedrática Emérita de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona; Investigadora nos campos da Economía Agraria, Política Económica e Desenvolvemento Económico; Integrante do do Colectivo de Economía Crítica “Seminario TAIFA”]:
A incidencia da Unión Europea na economía e nas políticas económicas do Estado español.
12:00 h.- Debate
12:30 h.- Descanso
12:45 h. Luciano Vasapollo – Italia. [Economista; Doutor en Análise Económico-Matemático-Estatístico dos Fenómenos Sociais pola Universidade de Roma “La Sapienza”; Profesor de Análise de Datos de Economía Aplicada na Universidade de Roma “La Sapienza”; Director Científico do Centro de Estudos das Transformacións Económico-Sociais (CESTES) e da Revista PROTEO; Investigador nos campos da Estatística Económica, Transformacións Socio-económicas no Mundo do Traballo e Economía Aplicada]:
Os efectos sociais da crise na Europa.
13:30 h.- Debate
14:00 h.- Peche da sesión.
Sábado 24 de novembro – Sesión de tarde:
16:30 h.- Pedro Carvalho – Portugal. [Economista; Asesor no Gabinete Técnico da União de Sindicatos do Porto da CGTP-IN]:
Saír do euro? A moeda única europea a debate.
17:15 h.- Debate
17:45 h.- Rita Martufi – Italia. [Economista; Doutora en Economía pola Universidade de Roma “La Sapienza”; Investigadora socioeconómica; Integrante do Comité Científico do Centro de Estudos das Transformacións Económico-Sociais (CESTES) e do Comité de Programación Científica da Revista PROTEO; Representante da Federación Sindical Mundial diante da FAO]:
A saída á crise: cambio de modelo ou cambio de sistema?
18:30 h.- Debate
19:00 h.- Acto de Peche das Xornadas
Xesús Seixo – Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega – CIG
19:30 h.- Remate das Xornadas

22 de nov. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión