Convenio de Galiza co Galego e ASPG

Redacción.-

O vindeiro martes, día 6 de novembro, Galiza co Galego asinará un convenio de colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega -ASPG-, que, xunto co asinado o pasado 10 de xullo coa Asociación Pedagóxica Nova Escola Galega, dotará de recursos a Rede de Ensino Popular e a Cooperativa de Ensino Avoaescola.

O acto, ao que está convidada a cidadanía, terá lugar no salón de actos da sede da Asociación Alexandre Bóveda da Coruña, sita na rúa Olmos 16-18 (1º andar), a partir das 20.00h, e nel proxectarase o vídeo Galiza co Galego "Tecendo Futuro", acompañado dun debate explicativo conducido polo presidente de Galiza co Galego e da Avoaescola, Francisco López.

Galiza co Galego quere dar a coñecer a creación dunha Rede de Ensino Popular en galego dirixida pola cidadanía, así como a posta en funcionamento da Cooperativa de Ensino Avoaescola, que posibilitará o ensino en galego, laico, pluralista, en valores, de calidade, inclusivo e democrático, en calquera lugar de Galiza.

3 de nov. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión