Mavis Staples en Compostela


Redacción.-

A lenda viva da música negra estadounidense Mavis Staples actúa o martes, 6 de novembro, no Auditorio de Galicia dentro do Ciclo Galicia Importa, no seu primeiro concerto nun escenario galego.

Unha banda de reputados músicos de Nova Orleáns acompañarana nesta actuación, a través da que o público de Galicia poderá comprobar o porqué dos eloxios que recibe a vocalista, cunha gorxa prodixiosa que lle permite pasar de graves a agudos con incrible facilidade.

Staples (Chicago, 1940). Formou parte desde 1951 de The Staple Singers xunto a Roebuck "Pops" Staples, Pervis Staples, Yvonne Staples e Cleotha Staples. No ano 1969 comezou a súa carreira en solitario no selo subsidiario de Stax, Volt, gravou o seu primeiro álbum homónimo.

En 1979 traballou xunto a Curtis Mayfield, e en 1984 con Holland-Dozier-Holland nun traballo que se achegaba á liña da música disco. A súa voz de contralto foi comparada coa de Aretha Franklin e Patti LaBelle. En 1996 captou novas audiencias co disco "Rhythm, Country and Blues". Despois de oito anos de retiro editou en 2004 "Have a little faith" sendo un dos máis exitosos para a artista na súa carreira.

En 2010 editou "You are not Alone".O álbum conta coa banda que a acompañou nas súas xiras durante o tres últimos anos: Rick Holmstrom, guitarra e voz; Jeff Turmes, baixo e coros; Stephen Hodges, batería; Donny Gerrard, coros, máis os invitados especiais Jeff Tweedy nas guitarras, baixo e voz; Patrick Wilco Sansone, teclados, vibráfono; Mark Greenberg, vibráfono, teclados.

4 de nov. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión