Exposición: unha ollada natural



Redacción.-

O vindeiro 1 de decembro inaugúrase no C.E.N "Casa das Insuas" a exposición "Unha ollada natural" do ilustrador-naturalista Calros Silvar. A exposición estará a dispor do público até o sábado, 12 de xaneiro de 2013.


O mesmo sábado 1 de decembro, dirixido pola S.M. Lucus terá lugar un roteiro micolóxico polos arredores de Rábade. O horario aproximado para esta actividade será dende as 9.30 h. ata as 13.30 h.

O sábado 12 de Xaneiro de 2013 coincidindo coa clausura da exposición " Unha ollada natural", o propio autor impartirá un obradoiro de bosquexos de campo. O custo do curso será de 6 euros para socios da AGCT e 10 euros para non socios.

Máis información e inscricións en custodiadoterritorio@gmail.com ou no tfno. 620593892.

27 de nov. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión