Ramón Chao.- Os
cataláns no se deixaron engatusar. A menos de que ocorra o que está a pasar en
Francia, co seu fraude electoral, prevalecéu o bo sentido popular, como se o
“seny” cambiara de campo. Era moito pedir que o pobo catalán (e de fora)
ofrecera á burguesía a corda para que o colgaran. Toda a demagoxia,
vociferacións, bramidos e ameazas de Mas caeron en ouvidos xordos; acaso non
sabe que os traballadores, os empregados e os obreiros de Catalunya son tamén
galegos, murcianos, andaluces, estremeños…? Refírome aos que votan, sen contar aos
subsaharianos.
Tiñan
que saber -Pujol, Mas e a grande burguesía catalá- que para gañar unhas
eleccións ten que estar implicado o pobo, como aconteceu coa aprobación do
Estatuto galego en 1936. Con fábricas, empresas, multinacionáis, recorte e
miseria, pódese gobernar con dictaduras, mais que non agarden o apoio dos máis
desventurados. Diránme que así subiu Hitler ao poder, e máis Mussollini, como
quixo facer Franco, pero a este costoulle un bon millón de mortos… e un trauma
para España que aínda dura hoxe.
Estou
feliz de que Catalunya fique connosco. Gústanme os cataláns, porque ao longo da
súa historia acolleron e integraron a íberos, fenicios, cartaxineses, gregos,
romanos, xudeos, árabes e toda clase de charnegos e sudacas. Gústanme porque o
7 de abril de 1249, o rei Xaime I nomeou a catro prohomes de Barcelona (os
paers) para dirimir os conflitos da cidade sen loitas nen violencia. Aqueles
homes ilustrados, que pasaron a cen en 1265 (o Consell de Cent) comezaron o sistema
de goberno municipal de Barcelona. Grazas a eles reinou a concordia, e antes de
coller as armas elixiron sempre manexar
a razón.
Gústanme
os cataláns porque en toda a súa historia non gañaron ningunha guerra, e aínda por
riba deulles por elixir como festa nacional unha das batallas que perderon en
1714, fronte ás tropas de Felipe V de Borbón. Gústanme os cataláns porque teñen
de emblema un burro terco, traballador e reflexivo, ben lonxe do touro ibérico,
cuxas bravas e cegas embestidas lévanno a morte.
Gústame
Catalunya porque alí don Quixote recobrou o sentido; tería moita mágoa se o inxenioso
cabaleiro morrera tolo. E gústame Catalunya, en definitiva, porque un dos meus
fillos elixiu a súa capital para vivir nela, por ser unha cidade aberta,
tolerante e discreta.
Said
Non me digas que na aprobación do estatuto galego do 36 estaba implicado o pobo si foi unha grande cacicada dos señoritos galeguistas.