Proxecto Socheo


Redacción.-

PROXECTO SOCHEO é un intento de aminorar o esquecemento que produce o paso do tempo na Guarda. Por medio desta canle preténdese xuntar nunha mesma plataforma todas aquelas imaxes que supoñan un reforzo para evitar a desmemoria.
Vivimos en tempos onde se desbotan unha chea de material audiovisual e aquí pretendemos xuntalas para que reforcen o patrimonio da Guarda. Unha maneira de repensar o pasado, facelo presente e redimensionalo para o futuro.
A intención deste proxecto é convidar a quen posúa imaxes da Guarda e das súas xentes para que amose os seus arquivos e engrose este proxecto común. Se che interesa colaborar ponte en contacto en: proxectosocheo@gmail.com
Dirección: XURXO CHIRRO
Produción: BELI MARTÍNEZ
Historiador: GUSTAVO GONZÁLEZ
Técnico: DANIEL GONZÁLEZ
Comunicación: LUÍS CIVIDANES
Agradecementos: FACULTADE CC. SS. E DA COMUNICACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Pode verse en: http://www.youtube.com/user/proxectosocheo2012

19 de nov. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión