Dardo Magazine presenta o seu número 22


Redacción.-

DARDO MAGAZINE presenta o seu número 22

ARCO > Pavillón 8 > Caseta H10
DARDO presenta en ARCO o número 22 da súa revista e as súas novidades editoriais.

Un ano máis, DARDO está na Feira Internacional de Arte Contemporánea ARCO 2013 que arrincou onte mércores 13 de febreiro e que abrirá as súas portas até o domingo 17. Nesta ocasión, DARDO presenta o número 22 de DARDOmagazine no que participan, Fernando Agrasar, David ÇBarro, Anxo Calvo Ulloa, Juan Canela, Juan José Santos Mateo, Nelson Brissac Peixoto ou Mª Fátima Lambert, entre outros.

Nesta ocasión DARDO presta especial atención a proxectos artísticos, de deseño e arquitectura cun marcado carácter sustentable, como as propostas de arquitectura do Mass Design Group ou o deseño de Nani Marquina. Tamén se achega ao traballo de arquitectos como Rem Koolhaas ou Stefan Wewerka, de artistas como Isidoro Valcárcel Medina, Daniel Canogar, Aitor Ortiz, Adriana Varejão, Ahlam Shibli, Julião Sarmento ou Heimo Zobernig, ademais de coñecer as novidades do deseño industrial e de produto, visitar os espazos máis interesantes ou ver as máis recentes propostas do deseño editorial.

Durante a feira, DARDOmagazine, a súa subscrición anual e as novidades editoriais terán un desconto especial para aqueles que visiten a caseta da revista.

NOVIDADES EDITORIAIS:

http://dardonews.com/newsletter/imaxnews/novedades.jpg

Esperámosvos. ARCO > Pavillón 8 > Caseta H10

Podedes obter máis información sobre DARDO visitando as nosas páxinas web
www.dardo-ds.com | www.dardomagazine.com | www.dardonews.com

14 de feb. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión