Redacción.- Esta tarde, ás 19 horas, tivo lugar na Libraría Couceiro de
Compostela a sinatura dun convenio de colaboración entre a Mesa pola
Normalización Lingüística e a asociación Galiza co Galego. O obxectivo deste acordó
é promover á divulgación das actividades das dúas entidades e dos seus
obxectivos comúns, especialmente a potenciación do ensino na nosa lingua. Por parte da Mesa pola
Normalización Lingüística interviu Susana
Méndez, vicepresidenta da entidade, e por Galiza co Galego, Francisco López, membro
da súa Comisión Reitora.
0 comentários :
Danos a túa opinión