Miguel Barrera canta a Pepe Chao

Terra pisada,
lume miúda como antollo de biosbardos,
auga fermentada
na forxa da palabra.

Percorro os labirintos da desmemoria
e atópote constante
no latexo do meu vivir.

Rexo bidueiro nas beiras do saber.

Coa túa mirada atenta
descubrín o maldicir e pronunciei
o amor ei.

Meu mestre Chao
bacharelando e na Chouzana,
insistente no pluscuamperfecto,
puliches meu galego
e renacín da túa man.

Meu mestre Chao.
Noso mestre.

__________________
Foto: Moncho Paz

19 de xul. de 2014

0 comentários :

Danos a túa opinión