Redacción.-
O sábado 21 de marzo, a partir das 21,30, celébrase o VII Serán de Froles Mareliñas en Redondela, dentro do local desta asociación cultural, na nave amarela de Renfe da antiga estación de Chapela, por iso a chuvia non é motivo para quedar na casa.
Poderase cantar, tocar, bailar, tomarse unha cervexa, un bocata e haberá sorteos e para retomar forzas, a media noite invitarase a xamón asado e a chocolate quente con algo para mollar. Os integrantes da asociación pregan a todos que axuden a manter viva as nosas tradicións levando amigos, familia e sobre todo, que non falten os nenos "Engánchaos ao folclore".
0 comentários :
Danos a túa opinión