Redacción.- Esta mañá faleceu en A Coruña o xornalista Juan Ramón Díaz García, unha
triste noticia que conmocionou hoxe a toda a profesión. Histórico director de La Voz de Galicia durante dúas décadas, na
actualidade era Director Xeral do grupo La Capital, editor de varios xornais
(El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños).
Juan Ramón finou hoxe en A Coruña, tras non superar unha repentina enfermidade.
Entre outros méritos, Díaz
García foi galardoado en 2004 co Premio Diego Bernal, outorgado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) en
recoñecemento a toda unha traxectoria profesional. E no pasado mes de xaneiro,
na XX edición do galardón, foi precisamente o encargado da lectura dos méritos
do tamén xornalista –e amigo- Lois Caeiro. No
Día Mundial da Liberdade de Prensa, a Xunta Directiva da APG quere lembrar de xeito moi especial a figura de Juan Ramón
Díaz García, ao tempo que traslada o seu fondo pesar á súa familia e amigos.
0 comentários :
Danos a túa opinión