Antón de Guizán.-
Xa teño escrito algunha vez de José Andrê Lôpes Gonzâlez, Andrê da Ponte como investigador e recuperador da figura do Apalpador e escritor de ensaios.
Desta volta Andrê está de actualidade na Terra Chá por dúas novas publicacións que vai presentar próximamente da man da A.C.Xermolos de Guitiriz.
A primeira será nosVilares a primeiros de febreiro, concretamente o venres 5 ás 20:00 na Escola Habanera da Conchada "as coplas dun tempo de Xosefa Cabado" a regueifeira do Cando - a súa tia e prima à vez -, da que xa ten escrito na revista de Xermolos. Editada pola Asociación de Guitiriz, coa colaboración de Raúl Río, grande amigo de André, e que estará con él nesta presentación acompañados ambos por Alfonso Blanco Torrado e eu mesmo representando ao proxecto dos Vilares, lareira de soños. Pero a creatividade de Andrê non para epresentará tamén un libro de sonetos sobre o Santo Alberte na Romería aló pola primavera, as "Rimas de Frei Bento de santo nome de Santo Alberte". Alí estaremos apoiando e fachendosos de tanta producción vilarega e guitirica deste grande poeta, escritor, investigador que temos a sorte de disfrutar no grupo NPG Nova Poesía Guitirica, da que forma parte e na que nos deleita con grande cs bn tidade de fermosos poemas acompañados da súa outra grande pasión, a música clásica.
Andrê é pois outra realidade literaria dos Vilares e Guitiriz, vinculado tamén desde moi cativo á parroquia vilalbesa de San Xoán de Alba. Un chairego de ben dotado de calidade humana e literaria e que convido a coñecer aproveitando as dúas oportunidades que se nos brindan, xa que reside no exterior do país.
Animádevos, pois a asistir o 5 de febreiro á escola habaners b da Conchada nos Vilares, nunha oportunidade que paga a pena aproveitar co grande Andrê da Ponte ou José Andrê Lôpez Gonçâlez. Alí estaremos.
0 comentários :
Danos a túa opinión