Redacción.- Na tarde do pasado
venres, a Casa da Cultura de Vilalba vestiu de gala para celebrar a
presentación do poemario Cantigas para
aprender a soñar, do que é autora a escritora chairega María Xosé Lamas.
Xunta ela estiveron Miguel Toval, representando a Edicións Embora, editorial
encargada de pór corpo de libro a este feixe de cantigas; o escritor Martiño
Maseda, que esbozou unhas pinceladas do poemario; e José Antonio Pita, en
representación do Concello de Vilalba, como concelleiro de Cultura.
Cantigas para aprender a soñar é o
poemario gañador do Premio Arume de Poesía para nenos e nenas na edición de
2013, convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas, e goza das ilustracións de
Minia Regos Sanz.
O acto, con numerosa
asistencia de público (incluso infantil), foi unha auténtica festa da palabra,
na que os verdadeiros protagonistas, ademais da autora e o seu poemario, foron
os nenos e nenas que se encargaron de ler uns cantos poemas para familiarizarse
co ritmo e a musicalidade que percorre os versos deste libro de poesía
infantil.
Deixou dito o propio Xosé Neira Vilas, antes do seu pasamento hai tres meses, no limiar ao libro de María Xosé Lamas: “Cantemos e soñemos, pois a canción dignifica a alegría de vivir. Soñemos cada mañá cando o sol axexa, cando o vento arrola o curuto dos piñeiros, cando vemos sorrir a un neno ou unha nena.” Tal é o que a autora nos propón ao longo dos versos de Cantigas para aprender a soñar.

0 comentários :
Danos a túa opinión