Redacción.-
A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, visitou onte Ferrol, convidada pola Asociación Cultural Fuco Buxán para presentar o seu libro, «Por que as cousas poden ser diferentes». O acto tivo lugar no centro cívico de Caranza, que luciu repleto para a visita da dirixente, recibida con aplausos á súa entrada ao auditorio.
A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, visitou onte Ferrol, convidada pola Asociación Cultural Fuco Buxán para presentar o seu libro, «Por que as cousas poden ser diferentes». O acto tivo lugar no centro cívico de Caranza, que luciu repleto para a visita da dirixente, recibida con aplausos á súa entrada ao auditorio.
Foi ao mediodía deste sábado, pero alongou a súa estancia. Pola tarde,
víuselle xunto ao seu homólogo en Ferrol, Jorge Suárez, nunha comparecencia ante
os medios de comunicación –entre eles A
Voz de Vilalba- no Parador de Turismo. Nesta última cita, Carmena aludiu á
polémica declaración do académico Félix de Azúa, que este venres asegurou que a
alcaldesa de Barcelona tería que «estar servindo nun posto de peixe».
Así, censurou as «descalificacións» contra Ada Colau, que ve «un erro
sempre e en todo caso». Igualmente, amosou a súa percepción «moi boa» sobre a
actuación da política catalá. Carmena desexou que se eviten unhas novas
eleccións xerais, estimando que os elixidos «teñen que ser capaces» de pactar o
Goberno desta lexislatura.
Jorge Suárez dixo que a madrileña supón «un referente» para el no
político e no «humano». Previamente, en Caranza, a alcaldesa xustificou a súa
viaxe a Ferrol, un dos poucos que lle permite o cargo, polos «vínculos de amizade»
que lle unen con Galicia. Avogou por descartar o insulto, chegando a propoñer a
fundación «dunha asociación de políticos que non insultan».
Tras rematar a rolda de prensa, tivo oportunidade de coñecer o proxecto
editorial de A Voz de Vilalba a
través das explicacións do xornalista Moncho Paz, que ilustrou á alcaldesa sobre
distintos aspectos do xornal e tamén da nosa vila; ao rematar o acto, o
chairego entregoulle un exemplar de “Ferrol Rebelde”, en presenza do alcalde da
cidade departamental, Jorge Suárez. Trátase dun folleto, editado polo Concello,
que ilustra un paseo por Ferrol para coñecer dez fitos da historia obreira de
Galicia; comeza en 1871 coa publicación do xornal El trabajo e remata en 1975, co asasinato de Moncho Reboiras.
Said
Titular alternativo (e máis axeitado): "Carmena visita Ferrol e faise unha foto con Moncho Paz".
O interese informativo, se iso xa tal...