Redacción.- A 10ª
edición do pitching “I+P, Ideas para producir” abre
até o vindeiro 30 de setembro o prazo para a inscrición de proxectos
audiovisuais nesta
xornada, que organiza o Clúster do Audiovisual Galego (Clag) e que terá lugar o
día 17 de novembro en Santiago de Compostela.
O “I+P,
Ideas para producir” celebra o seu décimo aniversario, co apoio do Ministerio
de Educación, Cultura y Deporte, como un formato totalmente consolidado e de
referencia para a industria do audiovisual a nivel nacional, na busca de
coprodución ou financiamento para os seus proxectos.
Ao longo
de todas as súas edicións este pitching suscitou un destacado interese entre os
profesionais do sector audiovisual, que encontran nel unha excelente
oportunidade para dar a coñecer os seus traballos. Tanto de cara a conseguir
alianzas empresariais de coprodución para aqueles proxectos que están nunha
fase máis incipiente, como para posibilitar o encontro con distribuidoras,
programadores de antena e responsables de vendas internacionais para a
comercialización daquelas producións que xa están nun estado máis
avanzado.
Os
responsables dos proxectos seleccionados terán a oportunidade de presentar as
súas obras diante dun panel de destacados directivos da industria audiovisual
para tratar de captar a súa atención. A continuación, durante os encontros one
to one poderán manter
entrevistas persoais cos compradores e abordar máis detalladamente os proxectos
na busca de posibles colaboracións.
As
empresas e os profesionais individuais do sector audiovisual que desexen
participar na décima edición do “I+P, Ideas para producir” poden inscribir os
seus traballos enviando o formulario acomunicacion@clag.es ata o vindeiro día 30
de setembro. O Clag comunicará o 20 de outubro os proxectos
seleccionados para seren presentados no pitching.
0 comentários :
Danos a túa opinión