Redacción.- A Fundación de
Exposicións e Congresos da Estrada convoca a vixésimo primeira edición do
Premio Xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”, que contará cunha dotación
económica de mil euros. Premiarase o mellor traballo ou serie de traballos, ata
un máximo de cinco, publicados en lingua galega en calquera medio de
comunicación escrito antes do vindeiro día 28 de agosto.
O prazo de recepción de
traballos na fundación conclúe o 4 de setembro. Pódense enviar ao enderezo
postal da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada (Zona Deportiva, s/n.
36680 A Estrada) ou mediante correo electrónico fecae@feiradomoble.com.
Os traballos poden ser presentados polos seus autores, ou por
calquera lector, debendo remitir un exemplar dos traballos e facendo constar a
data de publicación, o autor e o medio de comunicación no que foron publicados.
O xurado estará presidido por un membro do comité de seguimento, catro vogais e
un secretario con voz pero sen voto, reservándose a fundación o dereito de
volver publicar os traballos premiados.
0 comentários :
Danos a túa opinión