Redacción.- O
feito de que a edil vilalbesa Sandra Vázquez, elexida senadora nos dous últimos
procesos lexislativos, fora incluida como candidata nas listas por Lugo para as
autonómicas do 25-S, implicará unha auténtica revolución no goberno municipal de Vilalba. O
ata agora mandatario local, Xerardo Criado, é o seu sucesor na cámara alta,
posto que acepta, engadindo a esa decisión a súa dimisión ao fronte do Goberno
municipal, que cederá ao número dous, Agustín Baamonde.
A marcha da Criado para o
Senado provoca así o retorno de Baamonde como alcalde. Agustín Baamonde
Díaz era o número dous na lista do Partido Popular en Vilalba nas últimas eleccións
locais, é o voceiro de sempre no PP local e foi parlamentario autonómico por Lugo
desde 2005, data na que renunciou á alcaldía de Vilalba tras 15 anos como mandatario municipal.
0 comentários :
Danos a túa opinión