Redacción.- Francisco
Roca Agras, alcalde de Vilalba nos anos 70 e avogado na capital da Terra Chá,
finou hai uns días en Ferrol. Tiña 84 anos e unha longa traxectoria xurídica, con presenza en diversos
segmentos do municipio. Ademais da súa etapa ao fronte do Concello, formaba
parte do Consello de Administración da Fundación Hospital-Asilo. O seu bufete,
continuado por un dos seus fillos, está situado no centro de Rúa dos Pepes. Dos
anos como máximo mandatario municipal xurdiu o Certame Literario de Vilalba,
que este ano acada a XLII edición.
0 comentários :
Danos a túa opinión