Redacción.-
Os vindeiros 4, 5 e 6 agosto vaise celebrar o Festival de Pardiñas 2017 constitúe sen dúbida unha boa oportunidade para gozar en directo das actuacións de recoñecidos grupos tanto do panorama nacional como internacional.
Ao longo de dúas intensas xornadas musicais nesta nova edición do festival, declarado de Interese Turístico de Galicia, todos os asistentes poderán gozar coa mellor música no mellor ambiente.
Este certame musical está organizado pola Asociación cultural Xermolos de Guitiriz, e vense celebrando desde o ano 1979.
Programa
venres 4 agosto
20:30h V Certame de Cantos de Taberna polos bares de Guitiriz
sábado 5 agosto
17:00h XXVIII Mostra de instrumentos de música tradicional
Pregón por Antón Corral
XXXVIII Mostra de Artesanía
18:00h Concerto Fernando Meireles (Portugal)
19:00h XXXVIII Carreira Popular
21:00h Concerto Bloquinhos de Xermolos(Galiza)
22:15h Concerto Os Melidaos (Galiza)
23:35h Concerto Quique Escamilla (Chiapas – México)
00:10h Concerto Kalakan & Luís Peixoto (Euskadi – Portugal)
01:45h Concerto Cúig (Irlanda)
04:00h Concerto Skandalo Gz (Galiza)
domingo 6 Agosto
11:30h XXVIII Mostra de Instrumentos de música tradicional
XXXVIII Mostra de Artesanía
13:00h Vermú no campo con Vintenbaio
16:30h Concerto Kote Malabar
18:30h Concerto os viqueiras de ordes na mostra de instrumentos
19:00h Pregón con Fina Casalderre
20:30h Concerto Abobriga (Galiza)
22:00h Concerto Davide Salvado e Banda (Galiza)
23:30h Concerto Ives Labert Trio (Canadá)
01:45h Concerto Sacha na Horta (Galiza)
0 comentários :
Danos a túa opinión