Redacción.- O mundo da cultura galega recibiu con fondo pesar a mala nova da morte do compostelán Carlos García Martínez, que finou o pasado sábado en Santiago. Nado na capital galega en 1945, o historiador e dinamizador cultural fíxose cargo da dirección do Museo do Pobo Galego trala morte de Antón Fraguas en 1999. Nesta entidade xa fora previamente mentor e fundador, asumindo despois labores de secretario e de subdirector. A súa capela ardente foi instalada nas dependencias do Museo e posteriormente recibiu sepultura na parroquia compostelá de Figueiras.
Entre outras institucións, tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega e integrante da comisión xestora do novo Seminario de Estudos Galegos. En 2008 recibiu o galardón de Galego de Decembro que outorga o Grupo Correo Gallego.
0 comentários :
Danos a túa opinión