Vídeo e tríptico dos frescos d'Os Vilares

Redacción. -

A Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares vén de editar un video-spot de un minuto e medio de duración e un tríptico divulgativo sobre as pinturas murais da igrexa do século XVI de estilo gótico hispano flamenco.

Vídeo e tríptico súmanse a outras iniciativas para tentar restaurar esta xoia pictórica e dar a coñecer as súas características e valor histórico e artístico.

Ámbalas traballos foron deseñados polo técnico audiovisual Antón Figueira e a museóloga Sonia Engroba. Esta última participará tamén como ponente na xornada dun mestrado da UDC no campus de humanidades de Ferrol sobre museos, arquivos e bibliotecas coa restauradora Uxía Aguiar arredor dos Frescos dos Vilares o 31 de xaneiro.

O vídeo está xa a circular pola redes sociais e o tríptico será distribuído na propia igrexa, e locais e comercios próximos desde principios do próximo ano 2019.

Encargado xa por Patrimonio o proxecto definitivo da restauración, seguimos a traballar para que se contraten tamén os traballos e salvar así estas importantes pinturas.

A campaña ten como lemas:

#SalvemosOsFrescosDosVilares

O logo da campaña ten un gravado da artista Viki Rivadulla como imaxe pública.

27 de dec. de 2018

0 comentários :

Danos a túa opinión