Por un Goberno de progreso en Vilalba

Redacción.- O PSdeG-PSOE e Vilalba Aberta veñen de facer público que chegaron a un acordo programático para a investidura de Elba Veleiro como vindeira alcaldesa deste municipio no Pleno que se celebrará mañá sábado. Este acordo fructificou logo dunha serie de xuntanzas de traballo entre ambos partidos, que suman a maioría absoluta da corporación municipal.
Os voceiros de ambas forzas, Elba Veleiro e Modesto Renda, coinciden en destacar a necesidade dun cambio na institución logo de corenta anos de goberno continuado do PP, atendendo deste xeito ao mandato de cambio e de entendemento recibido por parte da veciñanza nas pasadas eleccións municipais.
O acordo de investidura ten por obxecto posibilitar un novo modelo de xestión para o Concello de Vilalba, baseado na transparencia, na participación veciñal e nunha xestión racional dos recursos públicos, principios compartidos nos programas políticos de ambas formacións. Precisamente as coincidencias programáticas e a vontade compartida de antepoñer os intereses do Concello aos intereses de partido, culminarán coa investidura da primeira alcaldesa de Vilalba dende a volta da democracia.

14 de xuño de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión