Redacción.- A candidata do PSdeG-PSOE, Elba Veleiro Fernández, tomou posesión hoxe como alcaldesa de Vilalba, tras máis de catro décadas de sucesivos gobernos de maiorías absolutas do Partido Popular. Chegou o momento histórico dun cambio necesario, por hixiene democrática e a boa saúde da institución local.
Moitas cousas teñen que mudar na capital da Terra Chá, que na última década experimentou unha viaxe cara ningures, mentres a veciñanza contemplaba sen remedio como a vila esmorecía pouco a pouco. Son moitas as materias pendentes na xestión municipal, que o novo Goberno de progreso deberá comezar a abordar nas vindeiras semanas, algunhas con presa e outras con máis pausa.
O triunfo da candidatura encabezada por Elba Veleiro supón un fito histórico en Galicia, atendendo á viraxe experimentada polo Concello natal de Fraga, agora en máns dos socialistas, co apoio de Vilalba Aberta.
0 comentários :
Danos a túa opinión