...No meniño que dorme
no edredón dos teus ollos
reclamo a liberdade pró meu
pobo...
Con Pólvora e Magnólias.
X.L. Méndez Ferrín
Nas primaveras lucidas,
democráticas a bandadas, de
estandartes de rosas floreados,traen dos soños republicanos
aqueles novos espertares
nas lumieiras da memoria
da cinza de Martínez Castro.
Puiden soñar. Soñei,
e no estrano da distancia,no espertar do tempo pendurado
de esperanzas,
soñei que na historia o día chegou.
Chegou, chegou, chegou,
na preguiza da historia chegousostendo nas mans de Elba Veleiro
o caxato rexedor,
o caxato do ser dun tempo novo
nos eidos da materia realizábel.
Chegou, Xulián, chegou
despois de vintenove mil dúascentas
noventa e cinco noites.Chegou na vella ollada emocionada
do vello soñador.
Ao teu carón Moncho e Fernando,
nas bambolinas Eduardo (todo chega
amigo tuno, todo chega).
Pero voto en falla a Cernadas sobre
todos.
No cartafol das lembranzas asoman
María Xosé e Tucho, Martín e Bernardo, Luis...
De cantos outros un quere acordar!
Pero é dos horizontes novos da Terra
Chá do que hai que falar,
pero é dos donos do novo tempo agora,
sen reis panchovillas nin servidumes, a horada beleza soñada, da xustiza social, da palabra.
No labirinto da Pena do Encanto, nas
ermas silveiras do Madalena,
nas cadeas da Pravia, no mofo das
estatuassabia nova
fertiliza, sobre o esterco dunha Vilalba esmorecida,
o espertar dunha Vilalba revivida.
MIGUEL BARRERA
Despoxos
dun ninguén
0 comentários :
Danos a túa opinión