'Longa noite' o venres 10 en Vilalba

Redacción. -

O venres 10 de xaneiro de 2020, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película LONGA NOITE do director ELOY ENCISO. 
“Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.
Un retrato do impacto íntimo dunha guerra atravesado pola súa memoria literaria: Max Aub, Luis Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Rodolfo Fogwill.” (www.numax.org)

Créditos: 
LONGA NOITE, de Eloy Enciso
Ano 2019, 90 minutos, Todos os públicos
Con: Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Manuel «Pozas», Verónica Quintela, Manuel Pumares, Celsa Araújo, Suso Meilán, Fernando García, Luís Martínez, Zé Paredes
Dirección e guión Eloy Enciso Diálogos baseados en textos de Max Aub, Luís Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Marinhas del Valle, Rodolfo Fogwill, José María Aroca, Ángeles Malonda
Dirección de fotografía Mauro Herce Son directo Joaquín Pachón Dirección de arte Melania Freire Montaxe Patrícia Saramago
Deseño de son Juan Carlos Blancas Produción executiva Beli Martínez, Eloy Enciso Dirección de produción Beli Martínez
Xefa de produción Nati Juncal Axudante de dirección Carmen Bellas Produción Filmika Galaika
Distribución en España NUMAX Distribución

5 de xan. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión