Nace 'Nós Diario'

Redacción. -

Nós Diario nace en Galicia, un xornal totalmente en galego, o único, con 3.000 subscritores ás súas costas dirixido por María Obelleiro. A directora explicou nos medios que o proxecto recentemente posto en marcha: "é un diario en papel para un dixital máis forte. O financiamento dos medios proceden dos subscritores e niso baseamos o noso modelo de negocio, non dun sistema baseado nunha rede clientelar de subvencións".

Para Obelleiro o papel aínda segue tendo futuro a pesar dos malos agoiros, "de momento todo segue aí con cambios e compasando os ritmos actuais: teñen futuro". Pon en valor que son o terceiro xornal en número de subscritores, "os recursos propios son o fundamental". Pon como obxectivo "seguir existindo" e ambiciona a dar a seguinte noticia: "que Galicia sexa unha nación próspera que poida desenvolverse por si mesma que acredite as súas potencialidades e haxa unha sociedade máis xusta".

3 de xan. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión