Redacción.- Coa intención de
contribuír á recuperación da actividade no sector cultural tras a crise da
Covid-19, a Cidade da Cultura acaba de presentar a súa programación para o
segundo semestre de 2020. A exposición Galicia,
de Nós a nós, en outubro, e mais As
miradas de Isaac, que conmemora o centenario de Díaz Pardo supoñen as
principais apostas do Gaiás para os vindeiros seis meses. En relación a esta
última, o vindeiro mes de agosto "a Xunta presentará un amplo repositorio
dixital de información" sobre o recoñecido galeguista.
As intervencións artísticas nas Torres Hejduk e mais no Bosque de Galicia canda ao Encontro de Artistas Novos manteñen a presenza das artes plásticas no recinto, mentres o Obradoiro de Novela Cidade da Cultura celebrará tamén unha nova edición.
A nivel musical retomaranse os ciclos Atardecer no Gaiás e Magosto no Gaiás. A estes súmase o anunciado ciclo de concertos Galicia Emerxe, e mais unha actuación de "tres artistas e bandas galegas de diferentes estilos" para celebrar o Día da Música o 21 de xuño. Desaparece, no entanto, o encontro Serán, dedicado á música popular e tradicional e que celebrou no mes de xuño as súas dúas únicas edicións. Como novidade, e no marco da programación infantil, incorpórase ao programa deste 2020 "un proxecto co prestixioso mago Pedro Volta que creará a súa propia escola de maxia" nas instalacións.

0 comentários :
Danos a túa opinión