Didac familias

Redacción.-

A Fundación DIDAC propón Didac familias, unha forma divertida e autónoma de visitar a exposición adaptada para que os máis novos esperten o seu interese pola arte.

Creada pola mediadora Alba Cacheda, esta visita está adaptada ás familias que serán guiadas pola exposición Materials Lab de Fernanda Fragaterio. A visita está pensada para que os/as máis novas poidan gozar das obras á vez que se potencia o seu pensamento crítico e artístico, axudándolles a crear novos imaxinarios.

DIDAC FAMILIAS
Max. aforo 4 persoas por visita,salvo que sexan da mesma unidade familiar e preferiblemente con cita previa.

O noso horario debido ás restricións actuais é
L,M,X: 10:00- 14:00 / 16:00- 18:00 h
X,V: 10:00- 14:00 / 16:00- 19:00 h

Se tedes interese en vir nunha hora diferente, só tedes que escribir a info@didac.gal

21 de xan. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión