Redacción. -
Guadi Galego volve aos escenarios con máis ganas que nunca para preestear Costuras no Festival Ellas Crean, que se celebrará no
Museo Arqueolóxico de Madrid. Un evento no que a artista e a súa banda quentarán motores para o inicio da xira galega, que comezará o 23 de abril no Auditorio de Galicia, en Compostela.
Costuras (Altafonte, 2020) é o último traballo da artista, dez cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amósase tal como é.
Como ela mesma di, “a vida está feita de costuras”, e estes dez novos temas son
“dez panos que fan un abrigo”.
0 comentários :
Danos a túa opinión