Redacción. -
O próximo sábado día 27 de marzo ás 20:00 horas no facebook da Nova Poesia Guitirica NPG Teresa Ríos presentará o seu primeiro poemario, NON ESTAMOS PREPARADOS PARA MEDRAR da editorial Urutau en directo.
Completanse así as 8 presentacións de novedades literarias organizadas pola Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e o colectivo poético de base Nova Poesia Guitirica NPG que tiveron a Pastora Veres con Lareira de soños, Miguel Barrera co Poema da Rúa das Aves, Xurxo Souto con Pangalaica, Xulio Pardo de Neyra cos Rosteos do frío, Luz Darriba con Abril, Carlos da Aira con A guerra era contra nós e Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro con Bambán de vento. Un programa variado e de calidade no que confluíron relatos historia, antropoloxía, novela, ilustración e literatura infantil e a mellor poesía con casi 400 persoas que visualizaron as presentaciómns en directo e arredor de 9000 bvisualizacións dos videos polas redes sociais.
Este sábado, a poeta da Costa da Morte afincada en Ponteareas Teresa Ríos presentará en directo o seu primeiro poemario. Teresa é unha coñecida poeta que ten participado en numerosos actos e publicacións colectivas. Pertence ao colectivo Versos de area de Ponteareas e o seu libro está prologado pola poeta María Lado.
0 comentários :
Danos a túa opinión