Redacción. -
"Meigallo" forma parte das cancións de adianto que ha ir presentando Baiuca estas últimas semanas do que será "Embruxo", o ritual onde converxerán as novas composicións do prestixioso produtor galego e que se converterá no seu segundo álbum longo.
Non necesitou pócimas raras nin pelos de gato para que a súa alquimia sonora sexa un auténtico ritual de encanto musical. "Meigallo", terceiro single tras "Luar" e "Veleno" e último adianto antes de que se publique o álbum o vindeiro venres 7 de maio, pon de manifesto non só os lazos conceptuais que nos levan até a 'santa compaña' ou os rituais de bruxaría ancestral da súa Galicia natal; senón que a súa alianza co grupo de cantareiras-pandereteiras Lilaina proxecta unha xenética sonora que continúa expandindo unha electrónica global, que sabe a terra e cables, a pasado e futuro.
Zanfonas e voces salvaxes fúndense entre programacións, arquitecturas rítmicas e un son inéditamente universal nun proxecto que parte desde a emoción da súa Galicia natal para enmeigar as pistas de baile, as playlists alternativas e derívalas da música popular.
0 comentários :
Danos a túa opinión