Redacción. -
Un espectáculo sobre a historia silenciada, o descubrimento da expresión artística, o valor revolucionario da pedagoxía e o poder transformador da arte e a palabra.
La niña azul conta a historia real da artista Katia Acín, unha nena pintora que abandona a súa vocación tras o fusilamento dos seus pais: o artista e pedagogo Ramón Acín e Conchita Monrás. Katia perde todo ao inicio da Guerra Civil. Deberá continuar adiante como Dona Ana María, profesora de Historia, pero de que historia?
Memoria histórica. Esta obra leva a escena a vida dunha de tantas familias represaliadas ao inicio da sublevación militar. O pai, Ramón Acín, foi un destacado artista e pedagogo que moitos chama “o Lorca do norte” (ámbolos dous, Federico e Ramón, foron amigos).
📆 Sábado, 24 de abril
📍 Auditorio municipal
🕥 20h.
💶 Prezo: 3€
Entradas
https://entradasvilalba.es/evento/teatro/la-nina-azul
0 comentários :
Danos a túa opinión