O venres vinte e tres
celébrase o DíaMundial do Libro e dos Dereitos de Autor fixado polaUNESCO desde
1995.Antes esta celebración facíase o sete de outubro motivado polo nacemento
de Miguel de Cervantes como Festa do Libro Español e logo pasouse a nivel
mundial, festa universal, arredor das mortes do mesmo Cervantes e a de
Shakespeare, á data que arestora se celebra.Velaí pois un día especial, en acentos
de intensidades populares, na defensa dos libros como elementos imprescindibles,
soportes importantes de beleza, para mediación das lecturas , nos saberes
creativos das Linguas, a saborexares ( de tantos gustos) das boas Literaturas
nas Culturas dos distintos Pobos e Estados.Tamén así un día solidario e cheo de
sentementos irmandados para que tamén polos libros recoñezamos as marabillosas
diversidades que suman e aportan contidos tan cualitativos ao todo universal.Todos
os anos noméase unha cidade como Capital Mundial do Libro. Este ano ( o
vinteún) correspóndelle tal distingo a Tiflis( Tibilisi) de Xeorxia, país
soberano na costa do mar Negro, Europa Oriental.O seu idioma oficial é o
xeorxiano, no setenta e un por cento, xunto co ruso, armenio, azerí e algún
máis.
E así desde nós, desde
quen somos, postos nas maiores ilusións, no compás dos libros, nas lecturas de
ganchete e no exercício dos pensamentos, libremente, velaí como nos volvemos a
mellores e poñemos as nosas palabras a camiñar, sentindo emocións de altas
gradacións. Cos libros facémonos parte viva do universal. Axudamos construír
unha sólida realidade de país. Por iso, conectando, sabéndonos Nós, sen dicir
non a ninguén, así iremos. Iso é abrazar..Iso é poñer as horas a toda luz.
Fotografía: Mario Paz González
0 comentários :
Danos a túa opinión