Redacción. -
Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.
A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e consumido pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a criada nova da pensión na que está albergado.
Unha coprodución do FIOT de Carballo e Contraproducións, baixo o auspicio da Fundación Eduardo Pondal, para celebrar o 100 aniversario da morte do bardo bergantiñán.
Elenco artístico: César Cambeiro / Adrián Ríos / Alba Bermúdez
Xoves, 15 abril, 2021 - 20:30
Teatro Jofre, Lugo
0 comentários :
Danos a túa opinión